Darío Campos

Mayra García Bermúdez

PSdeG-PSOE


Mayra García Bermúdez naceu o 27 de maio de 1988 en Trabada e é diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Afiliada ó partido socialista dende o 2012, con 22 anos foi o número 2 nas listas do PSdeG-PSOE en Trabada.

Foi no 2015 cando os cidadáns, a través do seu apoio nas urnas, a fixeron chegar, con maioría absoluta, á alcaldía de Trabada logo de 24 anos de goberno do Partido Popular, concello non que nunca houbera relevo ideolóxico. García Bermúdez converteuse na rexedora máis nova de toda Galicia. Actualmente, a socialista tamén é membro da xestora provincial do PSdeG-PSOE en Lugo.

Neste terceiro mandato progresista na Deputación (2015-2019), Mayra García Bermúdez entra a formar parte da Corporación Provincial logo de ser elixida Deputada como representante do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Mondoñedo.


COMPETENCIAS

Deputada Provincial polo Partido Xudicial de Mondoñedo

Deputada delegada de Economía, Recadación e Facenda

Membro da Xunta de Goberno



PATRIMONIO

PATRIMONIO

COMPETENCIAS

AXENDA INSTITUCIONAL

CONTACTO

CONTACTO