Deputación de Lugo
Turismo

Santaballa recupera o legado das migracións indianas esta fin de semana

Pilar García Porto
Vilalba
Santaballa
Praza de San Marcos
turismo
Presentación das Xornadas de Migracións Indianas
Pilar García Porto presentou esta mañá, na praza de San Marcos, a IX edición das “Xornadas sobre Migracións Indianas. Feira do Indiano” que organiza a Liga Santaballesa en colaboración coa Deputación de Lugo este sábado, 14 de setembro

A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o presidente da Liga Santaballesa, Isidro Cillero, presentaron esta mañá as “IX Xornadas sobre Migracións Indianas. Feira do Indiano” que se celebrarán este sábado, 14 de setembro, na parroquia vilalbesa de Santaballa. A cita, xa consolidada, axuda a conservación do legado daqueles que tiveron que deixar a súa terra na procura dunha vida mellor.

García Porto puxo en valor esta iniciativa na que colabora a Deputación de Lugo e que actúa como “dinamizador do turismo e da economía na comarca” e agradeceu o traballo da asociación para recuperar unha das moitas escolas habaneras que se crearon nesta época gracias ás aportacións dos emigrantes lucenses e que pode visitarse en Santaballa.

Música, baile, gastronomía, xogos tradicionais, demostracións artesáns, cabezudos, visitas guiadas e postos de venta son algunhas das actividades que inclúe o programa do sábado en Santaballa. A deputada provincial aproveitou o acto de presentación das Xornadas de Migracións Indianas para animar aos lucenses a achegarse e participar desta recreación histórica.

Programa

-12.30 horas: Partido de fútbol entre Santaballa D’arriba e Santaballa D’abaixo
-13.45 horas: Presentación de actos e sorteo de agasallos para os vestidos de época
-14.00 horas: Actuación do Dúo Calú
-16.00 horas: Pasarrúas 
-20.30 horas: Queimada Popular teatralizada por Manuel Ferreiro
-21.00 horas: Foliada co Trío La Clave

Cartel das Xornadas de Migracións Indianas