Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O Vicepresidente da Deputación presenta o Gran Premio Galicia do Campionato Mundial de Motocrós

EFRÉN CASTRO
Gran Premio Galicia do Campionato Mundial de Motocrós

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou esta mañá na presentación do Gran Premio Galicia do Campionato Mundial de Motocrós que se celebrará a fin de semana en Lugo coa participación do lucense Jorge Prado, actual campión do mundo, como gran aliciente. No acto, xunto a representantes da Xunta de Galicia e do Concello de Lugo e da organización, o vicepresidente Desde a Deputación de Lugo valorou o traballo realizado pola organización, encabezada por Motopark e LastLap, para lograr que Lugo acolla unha proba do circuíto mundial, que anticipou como unha "homenaxe e mostra de afecto e apoio a Jorge Prado, que chega co reto de recuperar o liderado do campionato mundial".