Área de Turismo e Cultura


Con dúas Reservas da Biosfera declaradas pola UNESCO, 100 quilómetros de costa ou máis de 800 quilómetros de peregrinación, a provincia de Lugo conta cun grande potencial turístico que a Deputación aproveita para xerar riqueza.


O responsable desta área é Eduardo Vidal Baamonde.

Neste departamento inclúese a subárea de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico, Artesanía e Deseño e Educación, que ofrece actividades e iniciativas encamiñadas a defender as tradicións propias, a cultura e a lingua. Forman parte desta área a Rede Museística Provincial e o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD).

A responsable desta área é Pilar García Porto.