Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación promociona a literatura da Ribeira Sacra colaborando coa Biblioteca de Mesopotamia

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, inauguraron este sábado a colección de volumes, Biblioteca de Mesopotamia, que tivo lugar na Pinacoteca do Colexio Nosa Señora da Antiga, no municipio monfortino. Fixérono xunto ao autor da introdución do volume que abre a colección, Claudio Rodríguez Fer, e ao escritor Antón Lopo. O organismo provincial colabora con esta iniciativa cultural adquirindo 100 exemplares para distribuílos por toda a provincia.A Biblioteca de Mesopotamia é un proxecto impulsado polo escritor e editor Antón Lopo a través da editorial Chan da Pólvora co obxectivo de difundir a literatura e os autores da Ribeira Sacra. A obra seleccionada para abrir a colección foi Contos de Mesopotamia, de Ánxel Fole, que conta con dez relatos do autor relacionados coa Ribeira Sacra.