Deputación de Lugo

A VI Subida á Pontenova comeza mañá co patrocinio principal do Goberno da Deputación

- A proba, puntuable para o Campionato Galego de Montaña, comezará mañá coa participación duns 40 pilotos e milleiros de afeccionados, chegados de toda a xeografía galega e das localidades veciñas de Asturias e Castela e León
- O organismo provincial realiza unha achega de 7.000 euros para a celebración deste evento deportivo, co obxectivo de promover o turismo e dinamizar a economía da localidade mariñá
- Ás 15:30 horas terá lugar a presentación dos pilotos na Praza dos Fornos e, unha hora máis tarde, realizarán a primeira manga de adestramentos para, de seguido, disputar as dúas primeiras mangas oficiais da competición

A VI Subida á Pontenova arrancará mañá na Praza dos Fornos do municipio mariñán, a partir das 9:30 horas, coa apertura do parque pechado de vehículos. A continuación terán lugar as verificacións administrativas e técnicas e ás 14:00 horas publicarase a listaxe de pilotos autorizados para tomar a saída, no taboleiro oficial de avisos da Casa da Cultura. Ás 15:30 horas terá lugar a presentación dos pilotos na Praza dos Fornos e, unha hora máis tarde, realizarán a primeira manga de adestramentos para, de seguido, disputar as dúas primeiras mangas oficiais da competición.

O Goberno da Deputación decidiu colaborar na organización desta popular subida cunha achega de 7.000 euros para promover o turismo e dinamizar a economía da localidade mariñá, posto que o evento reunirá a uns corenta pilotos e milleiros de afeccionados, chegados de toda a xeografía galega e das localidades veciñas de Asturias e Castela e León. A Subida á Pontenova, pese ao seu recente nacemento, no ano 2011, xa se ten convertido nunha das competicións máis espectaculares do calendario autonómico, como proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña.

O Executivo Provincial aposta polo mundo do motor como reclamo para atraer a milleiros de persoas, dinamizando a economía dos Concellos lucenses. Deste xeito, investiu un total de 137.000 euros en achegas ao deporte automobilístico, coa organización do Rali San Froilán, o Rali Comarca da Ulloa, a Subida a Chantada e a Subida á Pontenova, unido ás axudas pioneiras para pilotos de rali lucenses e a celebración do Volante Deputación.

Programa
Sábado 3 Xuño
09:30 horas. Apertura Parque Pechado. Praza dos Fornos.
09:00 a 12:00 horas. Verificacións Administrativas. Casa da Cultura.
09:30 a 12:30 horas. Verificacións Técnicas. Praza dos Fornos.
14:00 horas. Publicación Lista Autorizados a tomala saída. Taboleiro Oficial de Avisos (Casa da Cultura)
15:30 horas. Presentación Pilotos Parque Pechado. Praza dos Fornos
16:00 horas. Presentación Pilotos en Parque Pre-saída. Saída Treito. Estrada LU-4803
16:30 horas. Saída 1ª manga de Adestramentos
Seguido. 1ª Manga Oficial. Saída Treito. Estrada LU-4803
Seguido. 2ª Manga Oficial. Saída Treito. Estrada LU-4803

Domingo 4 Xuño
08:30 horas. Presentación Pilotos Parque Pechado. Praza dos Fornos.
09:00 horas. Presentación Pilotos en Parque Pre-saída. Saída Treito. Estrada LU-4803
10:00 horas. Saída 2ª manga de Adestramentos. Saída Treito. Estrada LU-4803
Seguido Saída 3ª Subida Oficial. Saída Treito. Estrada LU-4803
Seguido Saída 4ª Subida Oficial. Saída Treito. Estrada LU-4803
15:00 horas. Entrada parque pechado. Praza dos Fornos.
15:15 horas. Verificacións de Oficio. Talleres Santa Apolonia, 75
15:30 horas. Publicación de resultados. Taboleiro Oficial de Avisos (Casa da Cultura)
15:45 horas. Rolda de prensa dos tres primeiros clasificados, carrozados e non carrozados. Casa da Cultura.
16:15 horas. Entrega de Premios e Trofeos. Casa da Cultura.