Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación aproba con 250.000 euros melloras en 27 centros sociais do rural lugués

- O Presidente explicou que estas melloras se inclúen no “Plan de Mellora de Infraestruturas e Equipamentos” para asociacións veciñais e mancomunidades de montes dos 67 municipios, que poden solicitar un anticipo do 95% da axuda
- Son obras en 7 centros sociais de núcleos rurais da Terra Chá, 6 de Lemos e Chantada, 4 da Montaña, 1 da Ulloa, 2 de Lugo, 3 de Sarria e 4 da Mariña
- O Executivo Provincial propón á Xunta de Galicia un novo obradoiro para 16 mozos lucenses no paro co obxectivo da súa inserción laboral, especializándoos en recursos turísticos e comerciais e contribuíndo á profesionalización destes sectores
- A Xunta de Goberno acorda iniciar o proceso de substitución de 3 turismo e 1 camión por 4 máquinas para reforzar o equipamento do Parque Móbil co que se melloran estradas provinciais e municipais

O Presidente, Darío Campos Conde, informou este venres sobre a aprobación en Xunta de Goberno de melloras en 27 centros sociais doutros tantos núcleos rurais de 17 Concellos da provincia por valor de 250.000 euros. Esta é unha das liñas do Plan de Mellora de Infraestruturas e Equipamentos no Medio Rural, que o Goberno da Deputación ofrece a veciños, asociacións e comunidades de montes dos 67 municipios. Está dotado dun total de 1,5 millóns de euros, pois contempla axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para melloras en accesos viarios, traídas de auga e en centros sociais (as resoltas na sesión de hoxe). Todas elas en núcleos do rural lugués co obxectivo de contribuír á igualdade de oportunidades, “vivas onde vivas”. 

Campos Conde explicou que estas axudas, que son dun máximo de 12.000 euros, permitirán a realización de melloras en locais sociais como, por exemplo, acondicionamentos de fachadas ou cubertas, instalacións eléctricas, sistemas de iluminación, climatización ou calefacción, traballos de albanelería e fontanería, ou adecuación de accesos e contornos, entre outras.

O Goberno da Deputación decidiu ofrecer aos colectivos veciñais beneficiados un anticipo da axuda do 95%, que poderán solicitar a vindeira semana, unha vez publicadas as subvencións no BOP. Para a súa concesión tivéronse en  conta criterios obxectivos como o grao de necesidade das melloras, o número de usuarios beneficiados, a zona dos locais, favorecendo o rural, ou o despoboamento.

Listaxe de obras por zonas
A distribución por zonas das 27 obras noutros tantos centro sociais de núcleos rurais de 17 Concellos; así como a relación das obras é a seguinte:

Na Terra Chá: levaranse a cabo 7 obras, dotadas de 67.304 euros, para mellorar outros tantos centros sociais en núcleos rurais de Castro de Rei, Vilalba, Xermade e A Pastoriza.

- Adecuación do soto do local social da “Comunidade de Monte Rodela de Ludrio” (Castro de Rei): 8.364 euros.
- Arranxo do teito e do pozo artesán do local social da “Asociación de Mulleres Rurais A Xuntaza” (Castro de Rei): 7.862 euros.
- Restauración e reforma do centro social da “Asociación Cultural Ignacio Rey Stolle” (Castro de Rei): 12.000 euros. 
- Substitución carpintería metálica no centro social da “Asociación Cultural Casa da Escola de Bordelle” (Vilalba): 9.258 euros.
- Acondicionamento sede local social da “Asociación Veciños Santa Catalina de Belesar (Vilalba): 11.958 euros.
- Acondicionamento Casa Escola da “Asociación de Mulleres Rurais Saudade” (Xermade): 10.759 euros.
- Acondicionamento do Teleclub da parroquia da Rigueira da “Asociación Cultural Veciños da Rigueira” (A Pastoriza): 7.103 euros.
 
En Lemos e Chantada: son 6 obras de 59.330 euros noutros tantos centros sociais de núcleos rurais de 4 Concellos: Quiroga, Pantón, Taboada e Chantada.

- Instalación do lousado do centro sociocultural de Vieiros da “Asociación Souto Vivo” (Quiroga): 11.930 euros.
- Revestimento cerámico do chan do centro social da “Asociación de Veciños de Campos de Ulla, Reville e A Topa (Quiroga): 10.460 euros.
- Cambio de fiestras e portas do local social da “Asociación de Veciños Pesqueiras de Atán” (Pantón): 5.993 euros.
- Revocado de fachadas do local social da “Asociación de Veciños As Victorias” (Pantón): 6.947 euros.
- Ampliación do local social da “Asociación Cultural e Veciñal Santiago de Cicillón” (Taboada): 12.000 euros.
- Rehabilitación da casa escola da “Asociación de Veciños de San Cristovo de Mouricios” (Chantada): 12.000 euros.

Na Montaña: son 4 obras de 37.494 euros noutros tantos centros sociais de núcleos rurais de 3 Concellos: Cervantes, Baralla, Ribeira de Piquín.

- Mellora da cuberta da antiga escola de Santalla da “Asociación de Mulleres Rurais O Chao” (Ribeira de Piquín): 11.809 euros.
- Mellora da escola rural do Piornedo da Asociación Cultural O Teixeiro (Cervantes): 3.466 euros.
- Mellora da escola rural de Santalla da “Mancomunidade de Montes Santalla-Chao do Arco” (Cervantes): 10.262 euros.
- Arrranxo da antiga escola unitario da “Comunidade de Montes de Matela” (Baralla): 11.957 euros.

Na Ulloa: é unha obra de 4.790 euros no local social de Cabanas da “Asociación de Veciños da parroquia de Cabana” (Palas de Rei): 4.790 euros

Comarca de Lugo: son 2 obras de 17.850 euros noutros tantos centros sociais en núcleos rurais de 2 Concellos: Lugo e O Corgo.

- Acondicionamento da contorna do local social da “Asociación de Veciños Os Seis Muíños” (Lugo): 8.236 euros.
- Mellora da seguridade e da hixiene do local social da “Asociación de Veciños Laxe Blanca de Santa María de Piñeiro-Quetesende” (O Corgo): 9.614 euros.

En Sarria: son 3 obras 30.914 euros para melloras noutros tantos centros sociais de núcleos rurais do Concello de Sarria.

- Mellora da cuberta do local sociocultural da “Asociación de Veciños Os Choqueiros de Chorente” (Sarria): 7.018 euros.
- Construción do aseo e mellora da contorna do local social da “Asociación de Veciños de Betote” (Sarria): 11.937 euros.
- Acondicionamento da contorna do centro sociocultural Ortoá da “Mancomunidade de Montes de Ortoᔠ(Sarria): 11.959 euros.

Na Mariña: son 4 obras de 32.305 euros noutros tantos centro sociais de núcleos rurais de 4 Concellos: Riotorto, Alfoz, O Vicedo e Mondoñedo.

- Mellora do acceso á escola pública de Santa Comba de Orrea da “Asociación de Veciños de Santa Comba de Orrea” (Riotorto): 12.000 euros.
- Acondicionamento da antiga capela de San Antonio da “Asociación de Veciños San Sebastián de Carballido” (Alfoz): 12.000 euros.
- Melloras no centro sociocultural da “Asociación de Veciños O San Miguel (O Vicedo): 2.051 euros.
- Instalación eléctrica do local social en Masma da “Asociación de Veciños San Andrés de Masma” (Mondoñedo): 6.254 euros.

Emprego
O Goberno da Deputación acordou na Xunta de Galicia propoñer á Xunta de Galicia a celebración na provincia doutro obradoiro de emprego para contribuír á inserción laboral de 16 mozos lucenses no paro. Trátase da acción formativa“Xestión turística e comercial”, coa que o Executivo Provincial busca especializar a mozos lucenses no paro sobre este eido para contribuír á profesionalización do sector hostaleiro e comercial. Con este obradoiro, son 6 as iniciativas en impulso do emprego que o Goberno da Deputación propuxo á Xunta de Galicia no que vai de ano. Cómpre subliñar que todos os requirimentos solicitados pola administración autonómica ao organismo provincial foron respostados en tempo e forma.

Parque Móbil
Na sesión tamén se acordou iniciar o proceso de substitución de  3 turismos e 1 camión do parque móbil, que teñen entre 1 millón e 150.000 quilómetros, así como entre 22 e 9 anos, por 4 máquinas co obxectivo de reforzar o equipamento do Parque Móbil que se emprega no arranxo de estradas provinciais e municipais. Esta substitución suporá unha achega máxima de 150.000 euros, pois as empresas que decidan concorrer a este proceso público deberán ofrecer unha redución no prezo de canto menos 31.000 euros. Isto permitirá contar con 1 novo todoterreno, 2 todocamiños e 1 pick-up. Serán substituídos por 1 Audi A8 do ano 2008, que conta con 150.000 quilómetros; 2 Land Rober dos anos 1999 e 2002, que superan os 300.000 quilómetros; 1 Mitshubishi Grandis do ano 2006, con 300.000 quilómetros; e
1 Camión MAN con semirremolque do ano 1995, e con 1 millón de quilómetros.