Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación colabora con Special Olympics Galicia nos XX Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, xunto co Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou este sábado na clausura dos XX Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca, organizados por Special Olympics Galicia, coa colaboración do Goberno da Deputación e de FADEMGA, e promovidos pola Asociación PRODEME, de Monforte de Lemos. Special Olympics é unha organización internacional sen ánimo de lucro, fundanda a finais dos anos sesenta, para promover a integración social das persoas con discapacidade intelectual a través do Deporte. O Goberno da Deputación colabora coas actividades de Special Olympics Galicia cunha achega de 8.000 euros.