Deputación de Lugo

Mondoñedo homenaxea ao artista Xosé Vizoso

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, participou este sábado na homenaxe ao artista mindoniense Xosé Vizoso que tivo lugar no Auditorio Pascual veiga. Neste acto García Porto presentou o libro Homenaxe a Xosé que editou o organismo provincial e que recolle por primeira vez toda a obra do autor.