Deputación de Lugo

A Capela de Santa María acolle mañá o último concerto do MusicAD da Deputación, con Davide Salvado e Pedro Pascual

- Trátase da programación musical de primeiro nivel que o Goberno da Deputación puxo en marcha para ofrecer, durante o mes de marzo, actividades musicais gratis
- Davide Salvado e Pedro Pascual, que interpretarán para todos os asistentes o seu último traballo Lobos, clausurarán con este concerto o MusicAD

A Capela de Santa María acollerá mañá ás 20:30 horas o concerto de Davide Salvado e Pedro Pascual co que se clausura o MusicAD, a programación musical totalmente gratuíta para os lucenses que o Goberno da Deputación decidiu por en marcha durante o mes de marzo na Capela de Santa María.

Mañá Davide Salvado e Pedro Pascual interpretarán Lobos, o seu último traballo, na Capela de Santa María. Davide Salvado é, sen dúbida, unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, senón todo un xeito de vivir. Pedro Pascual (acordeón e cordas) é o produtor do último disco de Davide, Lobos. Na actualidade toca no grupo Talabarte e ten una ampla traxectoria en bandas tan coñecidas como Marful.