Deputación de Lugo

Campos Conde e Raposo Magdalena entregan os premios do XXIX Certame de Gando Vacún de Pedrafita

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luís Raposo Magdalena, entregaron este domingo os premios do XXIX Certame de Gando Vacún deste Concello da Montaña Lucense. O Goberno da Deputación e do Concello promoven conxuntamente con 8.900 euros esta cita de impulso do sector gandeiro e do rural na que participaron unha media de 2.000 persoas. Tamén houbo unha poxa de xovencas e xatas preñadas a cargo de Acruga con prezos que oscilaron entre 1.200 e 2.000 euros.