Deputación de Lugo

A Deputación mellora as dotacións dos veciños dos Concellos da Montaña con 52.000 euros do Plan de Axudas ó Medio Rural

José Luis Raposo Magdalena supervisou catro actuacións levadas a cabo nos Concellos de Pedrafita, Triacastela e As Nogais, financiadas ó 100% pola institución provincial con 18.000 eurosAs obras consistiron no acondicionamento dun camiño en Foxos; de tubaxes e dun muro en Riocereixa, en Pedrafita; o arranxo dun camiño en Chao de Abedul nas Nogais, e doutro en Louzarela, en TriacastelaRaposo destacou a importancia destas axudas que permitiron realizar 120 obras en toda a provincia, 10 das cales foron nos Concellos da Montaña, mellorando as condicións de vida no rural e xerando unha media de 300 postos de traballo

O Deputado provincial e Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo Magdalena, supervisou hoxe as actuacións levadas a cabo en tres Concellos da Montaña luguesa, realizadas ó abeiro do Plan de Axudas ó Medio Rural que, dotado con 300.000 euros, impulsa o sector primario mellorando servizos e infraestruturas básicas no rural. Neste caso trátase de catro actuacións nos Concellos de Pedrafita, As Nogais e Triacastela, ás que a institución provincial achegou 18.000 euros. Estes cartos son parte dos 52.000 destinados a Concellos da Montaña cos que a Deputación financiou ó ó 100% un total de 10 obras, solicitadas por asociacións de veciños e gandeiros.

Raposo Magdalena destacou a importancia destas obras, que cunha aportación máxima de 6.000 euros, axudan a dignificar e mellorar as condicións de vida de moitos veciños do rural, como os das catro asociacións que solicitaron a axuda da Deputación para levar a cabo estas melloras que beneficiarán de xeito directo a máis de 500 veciños da Montaña. Estes catro colectivos son parte dos preto de 60 que en toda a provincia recibiron axudas para obras realizadas no 2012 ou acometidas ata o mes de xuño de 2013.

As obras supervisadas hoxe consistiron no acondicionamento dun camiño público en Foxos, no Concello de Pedrafita, actuación solicitada pola Asociación de Veciños de Foxos- Riocaunavia, que permitiu ampliar o ancho da calzada e mellorar o firme da mesma. Tamén no Concello de Pedrafita, solicitada neste caso pola Asociación de Veciños de Riocereixa-Cotela Faro, acometeuse o acondicionamento de tubaxes de recollida de augas pluviais, así como a reparación dun muro. Ambas actuacións foron financiadas ó 100% con 6.000 euros. No Concello das Nogais, a agrupación veciñal do barrio de Chao de Abedul solicitou a colaboración do organismo provincial para o arranxo dun camiño, acadando para este fin unha axuda de 6.000 euros, o total do custe da obra. No Concello de Triacastela, a axuda aportada foi tamén de 6.000 euros, coa que a Comunidade de Monte veciñal en man común de Queixadoiro mellorou o firme do chamado camiño vello de Louzarela.

Impulso do sector primario

Esta iniciativa do organismo provincial lugués permitiu a realización dun total de 120 obras no rural de 47 Concellos, ó financiar na súa totalidade os custes das actuacións levadas a cabo. Acondicionamento de vías, locais sociais, áreas recreativas, traídas de auga, fontes, cercados de pastizais, curros para o gando ou depósitos de auga para a extención de incendios permitiron impulsar o sector primario, ademais de dar emprego a unha media de 300 persoas.