Deputación de Lugo

A Deputación financia ao 52% as melloras no Centro Sociocultural de Pol, a Xunta ao 29% e o Concello ao 19%

- O Presidente da Deputación e o Alcalde de Pol participaron na presentación das melloras levadas a cabo nesta dotación pública en beneficio de máis de 1.600 veciños - O Goberno da Deputación achegou máis de 50.000 euros, o da Xunta 29.000 euros e o de dito Concello chairega 18.000 euros, supoñendo traballos de máis de 98.000 - A inauguración contou con actuacións musicais en directo, da man de tres acordeonistas polenses, o grupo de folk Leña verde e o cantautor Davide Salvado

O Presidente, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, participaron este venres no acto de presentación das melloras levadas a cabo no Centro Sociocultural de dito municipio chairego, situado na Parroquia de San Salvador de Mosteiro. O Goberno da Deputación colaborou con este proxecto con máis de 50.000 euros, o Executivo da Xunta fíxoo con 29.000 euros e o do Concello con máis de 18.000. Isto supuxo traballo por un valor superior aos 98.000 euros,

Campos Conde remarcou que “dende o Goberno da Deputación levamos investimentos aos 67 municipios da provincia para dinamizar a economía local e ofrecer prestacións públicas que favorezan a vida no rural. Exemplo disto, as melloras que hoxe se presentan no Centro Sociocultural de Pol, un espazo no que os máis de 1.600 veciños deste municipio poderán disfrutar de diversas actividades lúdicas e culturais, sendo un punto de encontro de referencia para as persoas que viven neste municipio chairego”. 

Rehabilitación do Centro Sociocultural
O Goberno da Deputación achegou en total de 50.356 euros, dos que 20.335 euros foron para illamentos térmicos. Con esta actuacións o Concello poderá aforrar máis dun 10% na factura anual da calefacción. Outros 28.788 euros foron para melloras nos accesos viarios ao centro e no propio Salón de actos. Finalmente, 1.232,37 euros destináronse á reforma e mellora da iluminación do exterior desta dotación pública.

Polo súa banda, o Executivo da Xunta de Galicia decidiu colaborar con 29.137,59 euros nos traballos de rehabilitación do centro. O Concello de Pol financiou con máis de 18.000 euros estas obras.

No seu conxunto, os traballos serviron para subsanar as deficiencias en acabados, derivadas de filtracións e humidades, que imposibilitaban o uso adecuado dos accesos ao Centro Sociocultural e ao Salón de actos para calquera evento, provocando un empeoramento nas condicións de traballo, que redunden no deterioro do servizo e nunha perda de recursos económicos para o municipio.

Durante o acto, actuaron tres acordeonistas polenses, o grupo de folk do municipio Leña verde e o cantautor galego Davide Salvado.