Deputación de Lugo

O Presidente entrega o trofeo de campión ao Polvorín S.D., vencedor da Copa Deputación en categoría afeccionados

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, entregou o trofeo ao Polvorín S.D., gañador da Copa Deputación de fútbol en categoría afeccionados. O Polvorín S.D. impúxose ao S.D. Monterroso no partido que tivo lugar este domingo no campo Cantarrana, no Concello de Viveiro. O organismo provincial inviste nesta iniciativa 100.000 euros, organizando unha nova edición da Copa coa colaboración da Federación Galega de Fútbol. Son uns 15.000 euros máis que nas anteriores edicións pois, en resposta as peticións dos clubes, a institución tamén asume os custos de arbitraxes e desprazamentos.