Deputación de Lugo

A Fundación TIC colabora co CPI de Navia de Suarna na realización dunha curtametraxe  

- A rodaxe desenvólvese hoxe nas instalacións do CPI Doctor Daniel Monje. - A curtametraxe é una recreación da obra de Agatha Christie “Asasinato no Orient Express”, elaborada polos alumnos de 3º e 4º da ESO

A rodaxe desenvólvese hoxe nas instalacións do CPI Doctor Daniel Monje.
A curtametraxe é una recreación da obra de Agatha Christie “Asasinato no Orient Express”, elaborada polos alumnos de 3º e 4º da ESO

Alumnos e docentes da Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro educativo da provincia que imparte ensinanzas de formación profesional da familia audiovisual, colaboran este martes co CPI Doctor Daniel Monje de Navia de Suarna na realización dunha curtametraxe. Esta iniciativa forma parte do obxectivo da Fundación TIC de achegar a cultura audiovisual a todos os centros de primaria e secundaria da provincia.

A colaboración céntrase no apoio con material técnico de iluminación e son, así coma na orientación técnica profesional nas necesidades que xurdan da execución do traballo. A rodaxe transcorre nas instalacións do centro ancarés durante toda a xornada.

“Asasinato en Navia”
A curta é unha recreación da obra de Agatha Christie “Asasinato no Orient Express”, adaptada ó contexto de Navia. O proxecto naceu como unha actividade de mellora de comprensión lectora das materias de linguas ampliada logo de participar nun curso de audiovisuais.

20 estudantes de 3º e 4º da ESO do CPI de Navia, de idades comprendidas entre os 15 e 18 anos,  realizaron o guión, story board e pre produción da curtametraxe e tamén realizan as labores de gravación e montaxe da obra co asesoramento da TIC.

A historia comeza nun colexio que, logo de quedar illado pola neve, é visitado por un político que chega co obxectivo de inaugurar unhas pantallas dixitais. Un asasinato e a presenza da Garda Civil conforman a trama de “Asasinato en Navia”.

O principal obxectivo da Fundación TIC é a inserción laboral dos seus alumnos. Para acadar este fin, aposta por un ensino de calidade baseado nas prácticas en escenarios reais.