Deputación de Lugo

Deputación, Concello e USC ofrecen obradoiros e conferencias co Lugo Cultural

- A Deputada de Cultura, xunto á Concelleira de Cultura, e á Vicerreitora da USC, presentaron este xoves, o CulturLab de primavera que terá lugar os 20 e 21 de maio
- García Porto destacou que “dende o Goberno da Deputación colaboramos co Concello de Lugo e coa USC para achegar unha ampla programación lúdico-cultural, totalmente gratuíta, para os lucenses durante todo o ano”
- Sesións guiadas por investigadores universitarios, colectivos e profesionais ofrecerán a súa ollada sobre as creacións e manifestacións culturais no marco deste foro aberto

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, xunto á Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez, á Vicerreitora do Campus Terra da USC, Carmen Silva, o Comisario e investigador, Fran Quiroga; e un integrante de Down Lugo, Marcos Cruz Moreno, presentaron este xoves no edificio de Novas tecnoloxías, o Clulturlab da primavera, o curso pertencente ao Lugo Cultural, a programación de actividades gratuítas enmarcadas no convenio de colaboración da Deputación, Concello de Lugo e Universidade de Santiago de Compostela, dotado de 60.000 euros. Cada entidade achega 20.000 euros.

García Porto destacou que “dende o Goberno da Deputación colaboramos co Concello de Lugo e coa Universidade de Santiago de Compostela para achegar unha ampla programación lúdico-cultural totalmente gratuíta para os lucenses durante todo o ano. En concreto, hoxe presentamos, un ciclo de conferencias, obradoiros e tamén actuacións, para afondar nos diferentes proxectos cos que se traballan no eido da cultura na actualidade, en diferentes institucións, asociacións, e as sinerxías que se poden levar a cabo a través destas iniciativas.”

Curso de primavera

O curso de primavera toma o seu nome dunha actividade desenvolvida nas décadas de 1960 e 1970 polo instituto Lucus Augusti e organízase como un foro de debate e presentación das novidades en investigación sobre o tema elixido cada ano. En edicións anteriores as cuestións que centraron o curso de Primavera foron, entre outras, a realidade e as perspectivas das Humanidades, a dinámica das relacións Oriente-Occidente, os Dereitos Humanos, os camiños de peregrinase, ou a crise de Occidente baixo unha perspectiva multidisciplinar, entre outros.

Este ano o curso de Primavera mesturase co CulturaLab que se viñan desenvolvendo estes anos no campus de Lugo. Así, esta edición céntrase nas “Olladas arredor da Cultura Contemporánea” e nel desenvolveranse diversas intervencións, tanto obradoiros como conversas nas que falaremos sobre diversidade, autonomía dos centros culturais, dereito á cultura e a cultura híbrida.

Programación

Olladas arredor da cultura contemporánea

O 20 de maio na Casa do Saber

Bloque Cultura híbrida

- 9:15 a 10:30 horas. Cara a unha cultura situada. As hacenderas abertas, por Nadia Teixeira, Veronica Verdejo e Daniel Díez (Fundación Cerezales Antonino y Cinia, León).

- 10:30 a 11:30 horas. 1ª Conversa Resultado da selección dos alumnos do Master.

- 11:30 a 12:00 horas. Intervención “Pulsos” Compañía de Danza da USC- Lugo . Praza Pio XII, a carón da estatua conmemorativa de Federico García Lorca

- 12:00 a 13:00 horas. 2ª Conversa Resultado da selección dos alumnos do Master.

- 13:30 a 14:00 horas. Performance Grupo de teatro Down Soños no Parque Rosalía.

Bloque Diversidade e cultura

- 16:00 a 16:40 horas. Museos sociais/Museos sociocráticos: conversas sobre a Rede Museística, por Encarna Lago (xerente da Rede Museística Provincial de Lugo)

- 16:40 a 17:20 horas. Presentación proxecto piloto Downseño: deseño gráfico con outra mirada por Tatata e Down Lugo.

- 17:20 a 17:40. Terá lugar un debate.

Bloque Experimentación de novos espazos culturais

- 17:40 a 18:20 horas. De museos e outros espazos para a arte, por Miguel Anxo Rodríguez (profesor do Departamento de Historia da Arte da USC).

- 18:20 a 19:00 horas. Laboratorio cultural, Benidorm Ergosfera.

- 19:00 a 19:40 horas. Debate.

- 19:40 a 20:00 horas. Clausura xornada sábado.

O 21 de maio na Casa do Saber

Bloque O dereito á cultura

- 10:00 a 13:30 horas. Obradoiro participativo sobre o dereito á cultura.

- 14:00 horas. Performance: Agallope Performers: María Roja en colaboración con Santi Romay. Terá lugar no tramo da Muralla comprendido entre a Porta de Santiago e a Porta de Bispo Odoario.