Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 20 DE SETEMBRO
12:00 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, a Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López Yáñez, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José Maria Seijas López, presentarán a iniciativa “Noite Aberta” do comercio de Lugo, coa que colabora o Executivo Provincial.
Xardíns –Deputación–
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de son
13:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentará a nova programación da Rede Museística da Deputación para os centros escolares para o curso escolar 2018/2019, coa idea de fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio dos museos provinciais .
Museo Provincial –Lugo–
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de son
16:30 HORAS.- A Deputada Promoción, Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, inaugurarán a xornada “DEMODAY”.
Centro de Empresas Innovadoras (Avda. da Coruña 500)–Lugo–
17:45 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos e a Secretaria da AA.VV San Martiño de Vilelos, Tania Mirás López, presentarán unha nova edición do Folión das Fachas, co que colabora o Goberno da Deputación.
Escola de Vilelos (parroquia de San Martiño) –O Saviñao–
20:00 HORAS.- A Deputada Promoción, Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, xunto con outras autoridades, participará nos actos conmemorativos do Dia Mundial do Alzheimer que organizan a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e ou tras Demencias de Lugo (AFALU).
Círculo das Artes- Lugo–
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.
Pazo de Tor –Monforte de Lemos –
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición “Manuel Jorge. Retrospectiva 1958-2017", do chantadino Manuel Jorge, que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade.
Capela de Santa María –Lugo-