Axenda Institucional

Convocatoria de prensa

 
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O LUNS, 17 DE SETEMBRO


11:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Presidente da Asociación Cultural As San Lucas, Miguel Souto, presentarán as Festas das San Lucas 2018, coas que colabora o organismo provincial.

Sala de Xuntas –Deputación de Lugo–


11:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e o Presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez Varela, presentará o Día do Veciño 2018, co que colabora o organismo provincial.

Praza de San Marcos –Deputación de Lugo-


12:00 HORAS.- O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informará sobre programación en impulso do sector primario na provincia de Lugo.

SAT As Pedreiras, O Pacio -Friol-


19:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, e o Presidente da Sociedade Filarmónica, asinarán un convenio de colaboración para a promoción das actividades da sociedade.

Salón de Actos –Concello de Monforte de Lemos-


19:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará nas XXXI Xornadas Penitenciarias Lucenses “Concepción Arenal”.

Vello Cárcere  –Lugo-

 

OUTRAS CONVOCATORIAS:



09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Estuche de Paradojas, na que participan Isidoro Valcárcel Medina, Concha Jeréz, José Iges, Bene Bergado, Juan Luís Moraza e Esther Ferrer.

Pazo de Tor –Monforte de Lemos –


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición ““Pinceladas de sombra, trazos de luz”, a retrospectiva do chantadino Manuel Jorge, que se exhibe por primeira vez na capital da provincia.

Museo Provincial –Lugo-

Descargar PDF