Deputación de Lugo
Turismo

O claustro do Museo Provincial énchese de flores coa VI Exposición da Camelia

Museo Provincial
Exposición
Camelias
VI Exposición da Camelia
A mostra conta con preto de 25 expositores vidos de diferentes puntos de Galicia e que presentan unhas 300 variedades desta flor, as propias destas datas de floración

O horario do sábado é de 12:00 a 14:00 horas, e de 16:30 a 20:00 horas, e o domingo de 11:00 a 14:00 horas, a entrada é gratuíta. A mañá do sábado incluíu a actuación de catro músicos e o recital poético de Baldomero Iglesias (Mero)

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro García, participaron na inauguración da VI Exposición de Camelias celebrada este sábado no Claustro do Museo Provincial de Lugo. Durante o acto estiveron acompañados do organizador do evento, Edmundo Novoa, quen repartiu entre os preto de 25 expositores uns diplomas acreditativos da súa participación. A mostra permanecerá aberta durante a xornada do sábado, con horario de 12:00 horas a 14:00 horas, e de 16:30 horas a 20:00 horas, e o domingo de 11:00 horas a 14:00 horas, e a entrada é de balde.

Vidal Baamonde destacou “a historia destas flores: procedentes do Xapón, traídas por mariñeiros no S. XVIII, que conseguiron adaptarse a miles de quilómetros do seu lugar de orixe e que agora fan de Galicia un punto de interese turístico e cultural para os afeccionados á botánica en xeral e concretamente das Camelias e as plantas ornamentais. Con esta exposición, consolidamos unha cita que ano tras ano é un éxito de público e que agardemos que continúe moitos edicións máis”.

Os expositores, vidos de diferentes puntos de Galicia como: Sanxenxo, Vilagarcía, Rubiáns, Palas, Cospeito, Ferrol e a Mariña, ou incluso Dresde (Alemaña) desde onde unha entusiasta chega para axudar na exposición á súa irmá; presentarán unhas 300 variedades de camelias, propias destas datas de floración xa tardía.

A mañá do sábado estivo amenizada pola presencia de catro músicos que interpretaron pezas de música clásica para guitarra española e pola poesía de Baldomero Iglesias (máis coñecido como Mero), quen recitou os seus versos dedicados á flor protagonista da exposición.