Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Área de Deportes achega 940.000 euros ao fomento do deporte na provincia

ÁREA DE DEPORTES
deporte base
axudas
Burela FS
PELUQUERÍA MIXTA FRIOL
Ensino
Emevé
240 clubs e entidades de base recibirán 415.000 euros para financiar gastos derivados da súa actividade competitiva

A Deputación colabora coa organización de 92 eventos deportivos por toda a xeografía provincial

Burela FS, CV Emevé, Ensino e Peluquería Mixta Friol recibirán achegas por un importe total de 440.000 euros

A Área de Deportes achega 940.000 euros ao fomento do deporte na provincia. A Xunta de Goberno aprobou este xoves a concesión de diferentes liñas de axudas destinadas a gastos e actividades da tempada 2018-2019 por ese importe.

 

Así, deuse luz verde ás axudas de concorrencia competitiva a clubs e entidades deportivas da provincia, nas que se investiron 500.000 euros.

 

Concéderonse 332 axudas, 240 destinadas a financiar gastos derivados da actividade competitiva federada -gastos de persoal, gastos de arbitraxe e xuices deportivos, de transporte e de vestimenta e material deportivo, cun importe máximo de 4.000 euros por entidade- e 92 para a organización de eventos deportivos en toda a provincia, neste caso, cun importe máximo de 2.000 euros.

 

As achegas beneficiarán a clubs e eventos de preto de corenta modalidades deportivas: fútbol, baloncesto, atletismo, ciclismo, natación, triatlón, tenis, pádel, karate, taekwondo, judo ou ximnasia e patinaxe artístico ata montañismo, escalada, waterpolo ou birlos, entre outras.

 

Axudas a clubs de primeira e segunda categoría estatal

 

Tamén se aprobaron as axudas en rexime de concorrrencia non competitiva, destinadas a clubs con equipos que compiten na 1ª ou 2ª categoría absoluta estatal, cun investimento total de 440.000 euros.

 

Así, a Área de Deportes achegará 138.075 euros ao Burela Fútbol Sala, 124.925 euros ao CV Emevé , 120.000 euros ao Porta XI Ensino e 57.000 euros ao Peluquería Mixta Friol.

 

A Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, subliñou “ o gran nivel competitivo do deporte feminino na provincia xa que os catro clubs teñen equipos femininos nas primeiras ligas estatais”.