Menu toggle
Benestar e igualdade

benestar

A Deputación de Lugo ten entre as súas misións atender ás necesidades sociais da cidadanía dentro do seu ámbito competencial, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida coa máxima eficiencia. Aumentar os niveis de benestar da poboación da provincia, contribuíndo a acadar unha sociedade máis igualitaria, con máis oportunidades, rompendo coas discriminacións e traballando en especial para aquelas persoas que pertencen a colectivos cunha maior vulnerabilidade, sendo conscientes de que os aspectos sociais teñen unha altísima relevancia.

Dentro das actuacións da Deputación de Lugo atópanse:

  • A prestación de servizos ás persoas maiores que presentan situacións de vulnerabilidade, a través de apoio técnico e económico aos servizos sociais comunitarios: Servizo de Axuda no Fogar (SAF), Teleasistencia, etc.
  • Iniciativas de prevención da dependencia: envellecimiento activo, como pode ser LugoTermal
  • A promoción da igualdade: accións dirixidas a concienciar, sensibilizar e visibilizar a necesidade dunha igualdade real e efectiva en todos os ámbitos da sociedade, que sen dúbida será unha base fundamental para a erradicación da violencia de xénero.
  • A promoción e reinserción social de persoas en risco de exclusión social: prevención e atención das situacións de exclusión e promoción da integración social das persoas máis vulnerables, así como favorecer o pleno e libre desenrolo destas dentro da sociedade.

Agenda bienestar social e igualdad