É o plan de fomento do emprego e de consolidación do tecido empresarial da provincia, dirixido tanto ás empresas coma a traballadores desempregados.
Con este programa, o Goberno da Deputación asume os custes laborais e salariais da contratación de parados lucenses durante un ano en empresas e entidades sen ánimo de lucro da provincia.
O proceso de selección efectúase unha vez ao ano. Ademais, cada semana convócanse as bolsas de emprego ás que poden inscribirse calquera desempregado da provincia.
Podes inscribirte a través da Axencia de Colocación.
Consulta cada luns as novidades da Bolsa de Emprego.