Ilumin@

Proxecto singular destinado a concellos que favorece o paso a unha economía baixa en carbono a través da renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior. A través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), organismo intermedio encargado da xestión de fondos europeos, aprobouse recentemente unha liña de subvencións mediante concesións directas para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en Carbono no marco do programa operativo FEDER do crecemento sostible 2014-2020.

Debido á experiencia acumulada pola Deputación de Lugo neste tipo de fondos, e en virtud do disposto no artigo 5.b) do Real Decreto 616/2017, este organismo, en representación dunha agrupación formada por concellos da provincia que de xeito individual non superen os 20.000 habitantes, ten a intención de actuar a través do Proxecto ILUMIN@. Dentro das distintas medidas posibles solicitouse a Medida 6 “Renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior”. O obxetivo principal deste proxecto será a redución de gasto enerxético en, polo menos, un 30%, mediante uso de lámpadas con tecnoloxía LED, obtendo unha clasificación enerxética A ou B, segundo as bases do R.D. 616/2017.

Axenda Innovación e TIC