Menu toggle
Audiovisuais
SdeA

 

SERVIZO DE AUDIOVISUAIS

A Deputación de Lugo pon as novas tecnoloxías ao servizo de todas e todos os lucenses a través do Servizo de Audiovisuais.

O SdeA ten por obxectivo desenvolver iniciativas que poñan en valor a provincia de Lugo e o seu patrimonio material e inmaterial así como promover e levar a cabo actividades dirixidas ao fomento da educación, a investigación e o desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

Para acadar esta finalidade, o traballo do SdeA distribúese en varias liñas de actuación: ensino de calidade, cooperación cos Concellos, apoio ao labor social do tecido asociativo, benestar dos maiores e promoción da provincia desde o punto de vista cultural, turístico e como destino cinematográfico.