A Área de Infraestruturas centrará este ano o seu esforzo en acondicionar axeitadamente toda a rede provincial e regularizar as expropiacións
A Área de Infaestruturas da Deputación conta este ano cun orzamento de 31,5 millóns de euros e ten entre os principais obxectivos acondicionar axeitadamente a rede viaria provincial, avanzar na implantación do aglomerado en quente e regularizar as expropiacións pendentes. O Deputado responsable deste departamento, Manuel Martínez, dixo que estes orzamentos están condicionados polo importante esforzo que está a facer a Deputación para a creación do Consorcio da rede provincial de parques de bomberios e o pagamento do canon hidroeléctrico. Con respecto a este último, sinalou que a maioría das obras que negociará a Deputación cos Concellos serán en vías provinciais. Acondicionamento dunha rede deteriorada Manuel Martínez destacou os 11.000.000 millóns de euros destinados ó investimento en reparación de vías, un esforzo moi importante por parte da Deputación para poñer en condicións óptimas a rede provincial. Segundo Martínez cando chegou o actual equipo de goberno atopámonos cunha rede provincial que, na maioría dos seus 4.000 quilómetros, sufría un deterioro importante, con fochancas e sen sinalizar. Anunciou que proximamente vai sair a concurso a sinalización de todas as estradas que estaban sen pintar. Ademais, lembrou que se está cos traballos de rebacheo de toda a rede viaria, cunha dobre finalidade: por unha banda, que os capataces percorran por primeira vez os 4.000 quilómetros de vías provinciais para coñecer o seu estado e, por outra, que as empresas adxudicatarias saiban que fochanas deben tapar. O Deputado da Área de Infraestruturas afirmou que a finais de xullo todas as vías estarán en perfecto estado, aínda que matizou que a intención desta Delegación é ir ó aglomerado en quente, co obxectivo de que o único que teñamos que facer nos próximos 20 anos sexa as tarefas de roza. Martínez prevé que este ano se fagan uns 80 quilómetros de obra nova, e que no vindeiro se empregue o aglomerado en quente en 150 ou 200 quilómetros. Esto permitirá que no prazo de catro anos teñamos a rede viaria máis importante nunhas condicións extraordinarias. Áridos e emulsión asfáltica Outra das partidas destacadas por Martínez é a dos 2,4 millóns de euros adicados a submistros de material, como o sal para as nevadas e as xeadas, ou a adquisción de maquinaria. Dentro deste apartado está incluída a subministración de áridos e emulsión asfáltica que emprega o Parque Móbil da Deputación nas estradas dos Concellos da provincia. Neste senso, o Delegado de Infraestruturas anunciou que na Xunta de Goberno deste venres se aprobarán os pregos de cláusulas administrativas para a subministración de áridos e emulsión asfáltica. O Deputado engadiu que o obxectivo é aminorar custes e mellorar a xestión. Martínez dixo que estes dous contratos empregaranse sobre todo en reparación de vías locais. Sinalou que a maquinaria do parque móbil da Deputación está a traballar polos distintos Concellos da provincia, independentemente da súa cor política, e seguindo a orde de solicitude. O prezo máximo para a contratación deste subministro suma 319.958 euros (75.959 euros para áridos e 243.998 para emulsión asfáltica) . Os contratos serán por un ano, prorrogable por outro máis. Nos criterios de valoración das ofertas, ademais do prezo, terase en conta a situación xeográfica da subministración, o prazo de entrega e as melloras incluídas sen que supoñan ningún custo para a Deputación. Regularizar as expropiacións Os Presupostos deste ano inclúen unha partida de 4,6 millóns de euros destinada a expropiacións. É unha cantidade moi importante pero o motivo é que estamos regularizando todas e cada unha das expropiación do POS e o POL. Ademais, imos incluír as obras do plan dos 50 millóns de euros que estaban presupostadas pero que non prevían as expropacións nos proxectos. Con respecto á campaña de roza das estradas provinciais, Martínez dixo que se lles comunicou ós Concellos que están pendentes de asinar o convenio para contratar directamente os traballos que xa poden desbrozar as estradas. Moitos xa están a facer estes traballos. Por exemplo, Foz está todo rozado. Por tanto un tercio da provincia debería estar xa desbrozado ou a punto de estalo. Con respecto ós otros Concellos. O Boletín Provincial da Provincial vén de publicar os pregos para a contratación por parte da Deputación das empresas que se encargarán de realizar a roza. Calculamos que na primeira quincena de agosto comecen os traballos e que estean rematados a finais de setembro, tres meses antes que en pasados exercicios. Ademais, confiamos en que o ano que vén as adxudicacións se fagan en febreiro ou marzo, e que o desbroce comece en maio.