Deputación de Lugo
Infraestruturas

Centos de persoas beneficiaranse das obras que financia a Deputación con 120.000 euros nun dos principais accesos das Nogais á N-VI

As Nogais
Imaxe deputación de lugo
Trátase, concretamente, dun orzamento dirixido a mellorar unha vía municipial, a 037-008, que ademais de ser o principal acceso á N-VI, conecta distintos núcleos rurais como Noceda, Moral, As Fontes ou a Pedriña, nos que viven un cento de veciños

É unha estrada que soporta unha grande cantidade de tráfico pois é o acceso á casa rural de Noceda, emprégana visitantes que realizan actividades de ecoturismo, así como os propietarios das explotacións agrícolas da zona

Estes fondos engádense aos 124.000 euros dirixidos a mellorar case 5 quilómetros de 2 estradas provinciais: a LU-P-3702, que une As Nogais con Triacastela, e a LU-P-0709, que vai da Horta a Viladicente

O Goberno da Deputación investirá outros 118.000 euros na mellora de infraestruturas públicas no Concello das Nogais. Trátase, concretamente, dun orzamento dirixido a mellorar unha vía municipial, a 037-008, que ademais de ser o principal acceso á N-VI, conecta distintos núcleos rurais como por exemplo Noceda, Moral, As Fontes ou a Pedriña, nos que viven preto dun cento de veciños. É unha estrada que soporta unha grande cantidade de tráfico pois é o acceso á casa rural de Noceda, emprégana visitantes que realizan actividades de ecoturismo, así como os propietarios das explotacións agrícolas da zona.

A través deste novo investimento, o Executivo da Deputación reafirma o seu compromiso coa mellora de servizos públicos e infraestruturas das que desfrutan os veciños, dentro da aposta por unha Deputación rural, sumamente social e coas persoas. Grazas a este tipo de colaboración entre administracións, o Goberno continúa a realizar novas obras en todos e cada un dos municipios da provincia de Lugo, convertendo á Deputación no motor económico e social lucense pois, non hai nin un só Concello que non reciba importantes fondos do Goberno da Deputación para levar a cabo investimentos cos que mellorar a calidade de vida dos lucenses.

Máis melloras nas Nogais
O Executivo da Deputación mellorou case 5 quilómetros de 2 estradas provinciais no Concello das Nogais, nas que investiu 124.000 euros. Son, concretamente, a estrada LU-P-3702, que une As Nogais con Triacastela, da que se benefician uns 300 veciños desta zona, de núcleos rurais de Nullán, nas Nogais, e Lamas, en Triacastela; e a LU-P-0709, que vai da Horta a Viladicente, que une núcleos rurais das Nogais con Becerreá, coas que se mellorarán as comunicación dunhas 200 persoas pois esta estrada une varios núcleos das Nogais, como Torés, Viladicente ou Filloval; con máis de 10 parroquias de Becerreá. Trátase tamén dunha estrada que empregan veciños das zonas limítrofes do Concello de Triacastela.