A Deputación contribúe a recuperar 52 hectáreas de terras abandonadas na Zona Sur con axudas por 26.000€

A Deputación vén de resolver a concesión de axudas do Plan de Recuperación e Incorporación de Terras para a posta en Produción de Recursos Gandeiros. Para a Zona Sur,outorgáronse axudas por 26.000€ a trece gandeiros e produtores para recuperar máis de 52 hectáreas de terreos para o seu uso agrogandeiro.
Os produtores que recibirán axudas ao abeiro deste programa da institución provincial son os seguintes: Samos, Sarria, Triacastela, O Incio, Triacastela, Paradela, Láncara, Chantada e Monforte de Lemos.
O Goberno provincial decidiu ampliar o crédito dos 100.000€ previstos inicialmente para este programa de apoioao sector primario a 142.540 para poder dar cobertura aos 76 solicitantes de 28 concellos da provincia que cumpriron os requisitos.
Este programa enmárcase na estratexia prioritaria da Deputación de apoio ao sector primario para o impulso da actividade económica no rural. Dende a súa posta en marcha, no ano 2014, puxéronse en produción máis de 2.000 hectáreas de terreo na provincia.