Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Muralla Rugby organiza o Torneo de Rugby 7 Arde Lucus co apoio da Vicepresidencia

EFRÉN CASTRO
rugby 7

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este mediodía na presentación do Torneo de Rugby 7 Arde Lucus que se celebrará mañá sábado -8 de xuño- en Lugo coa participación de equipos de categoría M16 de 10 clubs.

CRAT Coruña, CR Ferrol, Vigo RC, CR  Lalín, Santiago/Zalaeta, Braga Rugby (Portugal), Os Ingleses RC, Muralla RC, máis conxuntos da Federación Galega de Rugby e da Federación Valenciana de Rugby participarán no torneo, organizado polo Muralla Rugby, con partidos durante toda a xornada no Gregorio Pérez Rivera.