Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Efrén Castro ofrece o apoio económico da Deputación de Lugo para manter o matadoiro de Sarria como servizo público

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
EFRÉN CASTRO
MATADOIRO SARRIA

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro reuniuse este mércores con alcaldesas e alcaldes da comarca de Sarria para abordar a situación do matadoiro de Sarria.

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de Samos, Chus López, a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, o alcalde do Incio, Héctor  Corujo e o alcalde do Páramo, José Luis López, Efrén Castro ofreceu a colaboración económica da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Rural, para o funcionamento do matadoiro como servizo público.

Efrén Castro explicou que “o matadoiro de Sarria presta un servizo que vai máis aló do propio concello  polo que entendemos a necesidade dunha colaboración institucional, que asumiriamos desde a área de Rural tendo en conta a importancia deste servizo para as ganderías, carnizarías e veciñanza de toda a comarca”.

O vicepresidente da Deputación concretou un ofrecemento inicial de 50.000 euros anuais, que podería variar en función da actualizacion das taxas de uso do matadoiro.