A Deputación participa en Lugo, Monforte e Viveiro nos actos polo Día da Policía Nacional
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este luns nos actos con motivo da festividade dos Santos Anxos Custodios, patrón da Policía Nacional, celebrados en Monforte de Lemos, mentres que os Deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, asistiron aos organizados en Lugo, e o Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, acudiu á conmemoración que acolleu Viveiro no teatro Pastor Díaz.
José Tomé agradeceu “o labor encomiable dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado por velar día a día pola seguridade e boa convivencia dos veciños e veciñas da nosa provincia”. Destacou o mandatario provincial os datos oficias “que sitúan a de Lugo como a provincia do estado con menos conflitos, o que dá boa mostra do traballo constante e eficaz da Policía Nacional”.
Nos actos de celebración do patrón, a Policía Nacional loceu os novos guións ou bandeiras financiados pola Deputación de Lugo para as tres comisarías de Lugo,Viveiro e Monforte de Lemos que ten a a provincia. Uns estandartes que levan bordados emblemas como a Muralla romana; a Torre da Homenaxe e o Castelo de San Vicente; e a Porta de Carlos V.