O Presidente da Deputación e a Alcaldesa de Antas de Ulla celebran coa Comunidade de Montes Farelo o seu primeiro encontro de confraternidade
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Alcaldesa do Concello de Antas de Ulla e Deputada Provincial, Pilar García Porto, compartiron este sábado cos veciños e veciñas do municipio o primeiro encontro de confraternidade organizado pola comunidade de Montes Farelo. No evento, que tivo lugar no campo da festa da parroquia de Castro de Amarante e ao que se achegaron numerosos participantes, o mandatario provincial felicitou aos organizadores da xornada e destacou a importancia de celebrar este tipo de encontros que “fortalecen os lazos veciñais, promoven a identidade local e dinamizan a vida no rural”. José Tomé resaltou tamén a importancia das comunidades de montes para a nosa provincia “son auténticos exemplos de xestión sostible e colectiva dos recursos naturais o que contribúe directamente á preservación da contorna”.