Deputación de Lugo

A Deputación apoia a XXV Xornada da Merluza do Pincho de Celeiro, un festexo clave na Mariña

carmela lópez
Festa da Merluza do Pincho
CELEIRO

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, participou este sábado na XXV edición da Xornada Gastronómica da Merluza do Pincho de Celeiro, unha cita que promove a riqueza culinaria da comarca da Mariña e da provincia de Lugo. A Deputación colabora coa organización desta xornada cunha achega de 3.000 euros. Neste evento, que está declarado de Interese Turístico de Galicia, os asistentes puideron degustar a prezos populares o manxar elaborado de  formas diferentes: en empanada, en caldeirada, á galega ou en salsa verde, entre outras