Deputación de Lugo

A Ribeira Sacra convértese esta fin de semana na capital do motor coa 51ª Subida a Chantada

Pilar Garcia Porto

A Deputada de Réxime Interior, Promoción de Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este martesna presentación da 51ª Subida a Chantada,que se celebrará do 25 ao 27 de xullo neste concello. Ao acto, que tivo lugar no parque Eloísa Rivadulla, tamén asistiu o presidente da Escudería Chantada, José Alfonso Viana e o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez, entre outras autoridades.A Deputada Provincial salientou que “esta cita, que pasa xa do medio século de vida, é un auténtico acontecemento social e deportivo e  estou convencida que esta edición volverá contar cunha gran participación. Unha mostra de que a Subida a Chantada continúa medrando, atraendo pilotos e afeccionados de dentro e fóra de Galicia”.