Deputación de Lugo

A Deputación destaca o labor de ALCER Lugo na atención a persoas con enfermidade renal crónica

ALCER

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitou este xoves a mesa de cuestación instalada pola Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril (ALCER Lugo) diante do Pazo de San Marcos. O Deputado animou a todas as persoas a achegarse nesta xornada ás mesas informativas que o colectivo instalará ao longo da cidade, co obxectivo de concienciar á poboación sobre a importancia da prevención e da detección precoz da enfermidade renal crónica. Valorou tamén o compromiso de ALCER Lugo, que leva máis de 40 anos prestando apoio ás persoas afectadas, e lembrou a colaboración da Deputación mediante unha axuda anual de 6.000 €.

Alcer Lugo