CICLO SUPERIOR DE REALIZACIÓN DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS E ESPECTÁCULOS
Perfil profesional. Que vou aprender e facer?
Organizar e supervisar a preparación, execución e montaxe de calquera tipo de programa filmado/gravado en directo, coordinando os medios técnicos e humanos necesarios para a súa realización ao longo de todo o proceso, controlando o contido e a forma, así como a calidade establecida.
Realizar os procesos da montaxe, edición e post produción de certos produtos audiovisuais no marco de obxectivos establecidos definindo as solucións de realización que aseguren a calidade técnica e formal requirida nun produto audiovisual.
Coordinar a realización de producións multimedia e de representacións escénicas e espectáculos.
Saídas profesionais
- Técnico en produción de programas de televisión
- Técnico de realización de televisión en control
- Técnicos de realización de televisión en estudio
- Técnico en dirección de cine
- Secretario de rodaxe
- Técnico en montaxe cinematográfica
- Técnico en edición de V.T.R.
- Técnico mesturador de video
- Técnico de postprodución
- Técnico de dirección en espectáculos
- Rexedor de teatro
Duración dos estudos: 2.000 horas
Plan de estudos
1º curso
(MP0179) Inglés profesional (GS)
(MP0902) Planificación da realización en cine e video
(MP0904) Planificación da realización en televisión
(MP0906) Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais
(MP0908) Planificación da rexedoría de espectáculos e eventos
(MP0910) Medios técnicos audiovisuais e escénicos
(MP1708) Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo
(MP1709) Itinerario persoal para a empregabilidade I
2º curso
(MO0002) Módulo optativo
(MP0903) Procesos de realización en cine e video
(MP0905) Procesos de realización en televisión
(MP0907) Realización da montaxe e posprodución de audiovisuais
(MP0909) Procesos de rexedoría de espectáculos e eventos
(MP0911) Proxecto intermodular de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos
(MP1665) Dixitalización aplicada ao sistema produtivo (GS)
(MP1710) Itinerario persoal para a empregabilidade II