Rede de Centros Públicos de Atención a Maiores da Deputación de Lugo
A Deputación de Lugo, xunto con diversos concellos da provincia, subscribiron convenios interadministrativos que permiten a construción e xestión de centros destinados ás persoas maiores.
Os centros de atención a maiores (en diante, CAM) pretenden ser un modelo de atención integrado no marco dos servizos sociais comunitarios específicos, dotando aos servizos sociais municiopais de recursos para os veciños e as veciñas, e tendo como prioridade que non se produza unha rotura coa súa contorna, evitando o desarraigo territorial.
¿Quen pode solicitar praza no centro?
Os centros diríxense ós veciños/as da provincia de Lugo, que teñan máis de 65 anos, ou maiores de 60 anos en casos excepcionais, e que precisen dun recurso de atención por razóns sanitarias e/ou sociais.
¿Quen ten preferencia no acceso ó recurso?
Cando se fai unha solicitude, os servizos sociais do propio concello, ou da Deputación de Lugo, realizan unha valoración e asignan unha puntuación segundo un baremo aprobado nas ordenanzas reguladoras. Neste baremo ten un peso protagonista a vinculación da persoa co centro, tendo os veciños/as do municipio e que polo tanto están arraigados a ese territorio máis posibilidades de acceder. Trátase dun modelo de atención que pretende que a xente que se relacionou toda a vida pase esta etapa vital xunta de novo evitando así o desarraigo territorial e social.
Isto non significa que veciños e veciñas doutros municipios non poidan acceder, pero farano pola orde de puntuación do seu baremo.
¿Onde podo obter información?
Número de teléfono: 982 260 138
Correo electrónico: servizossociais@deputacionlugo.org
¿Onde obteño o modelo de solicitude, e que documentación teño que aportar?
Ten que presentar unha solicitude e un Anexo IV para cada centro no que queira solicitar praza
(prema nos enlaces para descargar os modelos)
E terá que presentar unha única documentación para todas elas:
¿Onde presento a solicitude e a documentación?
Pode achegar a solicitude e a documentación no rexistro da Deputación de Lugo ou en calquera rexistro administrativo público. Tamén pode dirixir a súa solicitude e a súa documentación mediante correo postal á seguinte dirección:
A/A Servizos Sociais da Deputación de Lugo
Praza San Marcos núm. 8 CP 27001 Lugo
Actualmente, ¿a que centros podo presentar a solicitude?
Os centros aos que pode presentar a súa solicitude son:
Se preme en cada un dos seus nomes poderá consultar a ordenanza de acceso de cada un deles:
Servizo de atención residencial no CAM da Fonsagrada.“Residencial Rois”
Servizo de atención residencial no CAM de Pol. Residencia para persoas maiores no Concello de Pol
Servizo de atención residencial no CAM de Castroverde. Residencia para persoas maiores O Castro
Servizo de atención residencial no CAM de Ribadeo. Residencia para persoas maiores de Ribadeo
Servizo de atención residencial no CAM de Meira. Residencial Santa María de Meira
Servizo de atención residencial no CAM de Navia de Suarna
Para máis información pode consultar os seguintes documentos: