O Servizo de Asesoramento Lingüístico aos Concellos (SALC) da Deputación Provincial de Lugo, encádrase dentro do Servizo de Cooperación, e pretende cooperar cos concellos para implantar e estender o uso da lingua galega no que está inmersa a Administración Local e créase coa intención de incrementar o uso e prestixio da lingua en todos os concellos así como mellorar a calidade dos documentos administrativos e páxinas dos concellos.
As funcións que presta este servizo son as seguintes:
Asesoramento: corrección e tradución de textos, resolución de consultas lingüísticas e terminolóxicas, deseño de documentos, información sobre materiais en lingua galega, dereitos e deberes lingüísticos, lexislación lingüística, validacións…
Formación: sobre recursos relacionados coa lingua e información de convocatorias e cursos de formación para o persoal e poboación dos concellos
Dinamización: apoio e asesoramento a actividades que espallen o uso da lingua en todas as áreas dos distintos concellos…