Cabalos de Pura Raza Galega. Gandeiría Luciano e Moisés García (Mondoñedo)
A Asociación de criadores do cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA) é unha asociación sen animo de lucro, creada en outubro de 2005. O obxectivo primordial desta asociación é a de preservar e protexer o Cabalo de Pura Raza Galega, representando, defendendo e promovendo unha mellora na conservación da mesma e do fomento da cría entre os gandeiros e gandeiras da nosa comunidade.
O sistema de cria tradicional achéga ao Cabalo de Pura Raza Galega un gran valor medioambiental, ademáis da importancia etnográfica e turística e do importante papel na definición e conservación da paisaxe.
Dende PURAGA lévase a cabo un traballo de valorización do Cabalo de Pura Raza Galega, como ferramenta para a xestión de espazos, buscando unha rendibilidade económica para os criadores da raza, por iso a creación dun libro xenealóxico é un dos principais obxectivos da asociación. Outros deles son
Para fomentar o coñecemento das posibilidades da carne e dos produtos de poldro galego a Área de Medio Rural, Mar e Mocidade, apoia con 5.130 € a iniciativa “Promoción poldro galego e publicidade” de PURAGA e a degustación que organiza co obxectivo de darlle visibilidade aos gandeiros criadores de Poldro Galego.
Co mesmo obxectivo editarase material de publicitario e un caderno informativo no que se poña en valor a influencia social e deportiva da Pura Raza Galega e se dea a coñecer a súa historia e o valor medioambiental da súa cria.
Cabalos de Pura Raza Galega no curro de Boimente (Viveiro) |
Carne de poldro. Imaxe cedida pola asociación |
Cabalos de Pura Raza Galega na serra do Xistral |