Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo aberta a explicar o proceso de venda de accións do Breogán

Imaxe deputación de lugo
O Presidente manterá o mércores un encontro con 3 accionistas que, non en representación da masa accionarial senón de xeito persoal, solicitaron esta reuniónA Deputación respondeu a esta petición no mesmo día no que se formulou, onte mesmo, emprazando ós interesados a xuntarse hoxe, cita que se pospuxo ante a imposibilidade dos accionistas para este venres

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou hoxe que a Deputación de Lugo está aberta a ofrecer “todas e cantas explicacións sexan necesarias” sobre o proceso de venda de accións do Breogán aberto ata o 17 de xaneiro.

Deste xeito, o vindeiro mércores, 8 de xaneiro, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, manterá un encontro con 3 accionistas do Breogán que, non en representación da masa accionarial, senón de xeito persoal, solicitaron un encontro co titular provincial.

A Deputación respondeu a esta solicitude no mesmo día no que se formulou, onte mesmo, propoñendo ós interesados manter un encontro este venres. Os accionistas comunicaron que no día de hoxe non podían acudir á cita, polo que dende Presidencia se puxeron de novo en contacto con eles, acordando unha nova data: mércores 8 de xaneiro.

Martínez explicou que co fin de evitar a deslocalización do club, a Deputación limita o número de accións á venda, e prioriza a socios fundadores, accionistas e abonados. “Estamos comprometidos co Breogán, polo que investimos 1 millóns de euros este ano, e apostamos por un Breogán gañador, con futuro e propiedade de todos os lucenses”, remarcou.