Deputación de Lugo

A Fundación TIC, promovida pola Deputación de Lugo, formará bolseiros coa retransmisións dos partidos
do C. D. Lugo

Este programa educativo é posible grazas a un convenio coa Deputación de Lugo, a Fundación TIC, Localia Telelugo do Grupo El Progreso, e o Clube Deportivo Lugo

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou hoxe un novidoso e ambicioso programa educativo que permitirá formar a bolseiros da Fundación TIC -promovida pola Deputación-, a través da retransmisións dos partidos do Clube Deportivo Lugo da tempada 2007-08. Esta iniciativa é posible grazas a un convenio de colaboración asinado entre a Deputación de Lugo, a Fundación TIC, Localia Telelugo do Grupo El Progreso e o Clube Deportivo Lugo. Gómez Besteiro afirmou que “seguindo a folla de ruta estratéxica da Deputación de Lugo baixo o lema Sumando Esforzos, este é un exemplo máis de colaboración. Sumar esforzos non só é cos Concellos e coas Administracións, senón tamén coas empresas e coas entidades desta provincia”. O Presidente da Deputación sinalou que esta iniciativa sirve para “promocionar o nome da provincia, reforzar a autoestima dos seus habitantes, crear afición deportiva e, en especial, ofrecer unha oportunidade educativa e de inserción laboral ós bolseiros da Fundación TIIC”. O máximo responsable provincial dixo que “con proxectos como este, desde a Deputación podemos ser útiles para o deporte doutro xeito, xa que, ás veces, a imaxe pode ser máis importante que os cartos”. A presentación deste programa tivo lugar no campo de fútbol do Estadio Anxo Carro. Nela participaron, ademais do Presidente da Deputación, a Presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, e o Presidente do Clube Deportivo Lugo, José Bouso. Un amplo equipo A partir do 23 de setembro e ata o 18 de maio, un equipo técnico composto por 10 persoas da Fundación TIC, a maioría bolseiros da Escola de Imaxen en Son, retransmitirá coa unidade móbil os partidos da tempada 07-08 do Cluble Deportivo Lugo. Será en colaboración con Localia-Telelugo do Grupo El Progreso que acadou os dereitos de imaxe de difusión e ofrecerá, en directo ou en diferido, estes encontros. En total retransmitiranse 17 partidos en Lugo, 4 en diferentes puntos de Galicia e 6 en Madrid. Os partidos que se celebren no Anxo Carro emitiranse os domingos ás 23:00 horas “para que los aficionados puedan bajar al campo y recrearse en casa con las mejores jugadas”, afirmou a Presidenta do Grupo El Progreso. Blanca García Montenegro, dixo que este “es un gran día porque, gracias a la unión de la Diputación, el Club Deportivo Lugo y el Grupo El Progreso, se retransmitirán a toda la provincia los partidos de Lugo que está en Segunda B. Sumando el esfuerzo de todos se fomentará la afición a este deporte”. Pola súa banda, o Presidente de Clube Deportivo Lugo, José Bouso, deu as grazas a Gómez Besteiro “que es la primera vez que visita estas instalaciones desde que preside a Deputación, y esperamos que sea la primeira de muchas otras para celebrar los éxitos del Lugo”. José Bouso tamén sinalou que este proxecto “es muy importante para acercar lo bueno del deporte a toda la provincia”.