Deputación de Lugo

A Deputación promociona produtos autóctonos da Ribeira Sacra dentro do Lug02

O titular provincial pregonará a VII edición da Feira da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil que se desenvolverá neste Concello a fin de semana

Gómez Besteiro destacou que apoiamos a iniciativa porque que se trata dun dos sectores produtivos, xunto co do viño, máis importantes desta comarca Un total de 7 expositores porán á venda 1.500 quilos de cereixa e 250 litros de aceite O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Deputado e Alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela, o Tenente Alcalde deste Concello, Roberto Castro, e os produtores da zona, José Arias e Miguel Ángel Rodríguez, presentaron este mércores a VII edición da Feira da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil, que desenvolverá esta fin de semana no municipio da Ribeira Sacra. Gómez Besteiro, que será o pregoeiro da festa, destacou a importancia que ten a exaltación de produtos como os que centran a feira. Deste xeito, subliñou que a Deputación promociona produtos autóctonos da provincia, contribuíndo a manter moitos postos de traballo, ben a través das axudas ós autónomos na produción destes alimentos, ou a través da campaña Lugo Sabe, incluída no proxecto Lug02 e que contempla a distribución de 14.000 lotes destes produtos. Os días 30 e 31 de maio, Ribas de Sil convértese na capital galega da cereixa e do aceite. En 2008 vendéronse en toda a bisbarra uns 10.000 quilos do produto e uns 1.000 litros de aceite. Gómez Besteiro subraiou que se trata dun dos sectores produtivos máis importantes, xunto co do viño, desta comarca formada polos Concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Courel. Por iso, desde a Deputación apoiamos iniciativas como esta que potencian a economía e xeran postos de traballo nesta zona da provincia. O acto de presentación contou tamén coa presenza dun grupo de profesores e alumnos do Colexio da Asunción de Sarria que hoxe participaron no programa Km0. Logo da rolda de prensa, o Presidente entregou cereixas ós alumnos, que despois se desprazaron á oleiría de Bonxe e ó Concello de Vilalba, onde visitarán a Torre do Castelo dos Andrade e a charca Alligal. 1.500 quilos de cereixa e 250 litros de aceite Un total de 7 expositores porán á venda 1.500 quilos de cereixa e 250 litros de aceite esta fin de semana. Pero, ademais, haberá postos de viño, de licores realizados co produto estrela, repostería -na que prima a tarta de castaña de Courel- e artesanía. Neste caso, os asistentes poderán mercar bisutería, bonecas en miniatura e distintas pezas de roupa confeccionadas á man, que son elaboradas por un grupo de 12 mulleres colaboradoras de Mans Unidas. Os fondos recaudados destínanos a esta organización co obxectivo de contribuír a desenvolver proxectos en países sudamericanos como Bolivia. O programa da Feira complétase con distintas actividades musicais e culturais. A organización estima que, entre o sábado e o domingo, preto de 2.000 persoas visitarán a feira.