Deputación de Lugo

A Deputación adquire 5 vehículos de mando todoterreo para o Consorcio Provincial de Bombeiros

Imaxe deputación de lugo
O BOP publica a adxudicación definitiva dos todoterreos que contan cun presuposto de 174.950 euros

A Deputación publica este luns no Boletín Oficial da Provincia a adxudicación definitiva correspondente á subministración de 5 vehículos de mando todoterreo para o Consorcio Provincial de Bombeiros. O organismo provincial tramitou a adxudicación por vía de urxencia co obxectivo de que estes poidan distribuirse nas bases dos cinco parques: Vilalba, Chantada, Barreiros, Viveiro e Sarria. Os vehículos contan cun investimento de 174.950 euros e adxudicáronse á empresa Sport-Auto Lugo S.L. A Xunta de Goberno provincial aprobara en febreiro a adquisición de material por 3 millóns de euros para os parques de extinción de incendios. Ademais de ós citados, esta cantidade destínase á adquisición doutros vehículos: un de rescate en altura (555.000 euros), catro coches urbanos lixeiros (978.149 euros), dous mixtos de extinción e rescate en altura (991.451 euros) e equipamento en xeral (236.000 euros). A adquisición dos todoterreos súmase ás cinco bombas nodrizas pesadas adquiridas hai uns meses e para as que a Xunta achegou no seu momento un total de 969.000 euros, mentres que a Deputación se encargou da licitación e de toda a tramitación necesaria para a súa posta en funcionamento, incluída a xestión das autorizacións necesarias.