Deputación de Lugo

Éxito de convocatoria no primeiro día do pioneiro programa de actividades lúdico-medioambientais Lugoteando

Imaxe deputación de lugo
Tan só once días despois da súa presentación, máis do 60% das prazas están cubertas, polo que a organización prevé chegar ó cheo total nas vindeiras xornadas
O wakeboard e as rutas chill-out en catamarán coa cea romántica son as actividades máis demandadas desta novidosa iniciativa promovida pola Deputación dentro de Lugo10, e nunca vista antes na provincia
Os interesados poden inscribirse no 982-120-064 e na carpa situada na Área Recrativa dos Robles

Lugoteando, o novidoso programa de actividades lúdico-medioambientais no río Miño, comezou este luns con grande éxito de participantes. Tan só once días depois da súa presentación, máis do 60% das prazas están cubertas, polo que a organización prevé chegar ó cheo total nas vindeiras xornadas. Un grupo de adultos, estreou a programación practicando deportes de multiaventura nunca vistos antes na provincia como o sea-scooter, o paddle-surf, as bolas xigantes para pasear polo río e a banana acuática. Entre eles, destacou a participación dun señor de 75 anos, que xa foi alcumado polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, como o “avó de Lugoteando”. A actividade máis solicitada ata o momento é o wakeboard, cun 70% de inscricións realizadas. No caso dos bautizos de mergullo e a multiactividade a porcentaxe sitúase no 60%. Outra das modalidades que está a acadar grande éxito é a de Ligoteando -que se desenvolverá os días 9 e 16 de xullo e que está formada por paseos en catamarán amenizados por dj´s con música chill out e unha cea romántica no restautante dos Robles-. Nestes momentos, hai 70 persoas apuntadas para a primeira xornada. Para todas as idades Lugoteando desenvolverase no río Miño ata o 22 de xullo. Ten un prezo de 5 euros por persoa e está dirixido a toda a familia. Organízanse grupos de 8 persoas que poden realizar ata 4 actividades en cada quenda, redescub rindo unha nova faciana do río Miño ata o de agora descoñecida. Os nenos de entre 7 en 11 anos poden practicar o equilibrio camiñando sobre a auga dentro das bolas acuáticas ou a cabalo das bananas acuáticas, mergullarse como os golfiños cos sea-Scooter; redescubrir a ribeira do río con rutas dirixidas por expertos en bioloxía; así como outros divertidos xogos infantís na auga. Os maiores de 11 anos e os adultos terán ademais: paddle-sur, un completo exercicio que tonifica todos os músculos do corpo ó navegar a bordo de táboas de surf a remo; wakeboard, unha combinación entre esquí acuático e snowboard que consiste en deslizarse sobre unha táboa, facendo saltos e acrobacias; bautizo ó mergullo, mediante o cal se ofrecen clases prácticas e coñecementos teóricos sobre o buceo. Como inscribirse Todos os interesados poden inscribirse a través do número de teléfono: 982-120-064 dende ás 11:00 ás 14:00 horas e de 17:00 ás 20:00, e tamén na carpa que está situada na Área Recrativa dos Robles. O pago das actividades efectuarase previamente na conta: Banesto 0030-7060-30-0298064273, agás a da cea, cun prezo de 25 euros por persoa, que se deberán abonar previamente no número de conta: Caixa de Pensións 2100-4206-86-2200027601. Para máis información: www.deputacionlugo.org, www.lugo.es, www.lugo10.es, ou no teléfono de información municipal 010. No caso dos menores de idade, deben traer unha autorización asinada dos pais ou titores que poden descargar nas webs. Con Lugoteando a Deputación cumpre con todos os compromisos adquiridos durante 10º aniversario da Muralla: a celebración da I Gala Muralla Moda; a presentación do Barco Muralla de Lugo, unha embarcación única en España que fai eco da provincia por todo o país; e o I Concurso Nacional de Curtas e Maquetas.