Deputación de Lugo

Imanol Uribe comparte a súa experiencia como cineasta cos alumnos da TIC

A Deputada de Economía inaugurou a conferencia-coloquio que o Director impartiu na Deputación para profesionais e interesados no mundo do cine e da televisión

Regina Polín destacou que “la Fundación quiere ser útil en la creación de puestos de trabajo dentro del sector audiovisual” A Deputada de Economía, Regina Polín, inaugurou este mércores a xornada que o director de cine, Imanol Uribe, mantivo cos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo. No encontro previo que Uribe e Polín mantiveron cos xornalistas, a responsable de Economía destacou que “la Fundación TIC, al igual que el organismo provincial, quiere ser útil a la sociedad. Crear puestos de trabajo en el sector audiovisual y mantener los existentes, prestando apoyo y generando contenidos que faciliten a los Ayuntamientos y empresas del sector afrontar los nuevos retos de la televisión digital, es una de nuestras líneas prioritarias de trabajo”. Polín abriu a sesión no Salón de Actos da Deputación e, a continuación, Uribe pronunciou unha conferencia-coloquio dirixida a profesionais e interesados no mundo do cine e da televisión. Neste senso, brindoulle a colaboración da institución provincial e da Fundación “porque esperamos que esta visita sirva para que algún proyecto futuro pueda tener a nuestra provincia como espacio de rodaje”. Na súa intervención, o cineasta manifestouse en contra da descarga ilegal de películas ó tempo que recoñeceu que están cambiando os hábitos de consumo. “Empieza a ser habitual que las películas se empiecen a ver a través del móvil, esto significa que tenemos que adaptarnos a una nueva situación”. Baixo a premisa de que a unión fai a forza, lembrou que “yo empecé trabajando en cooperativa con unos amigos y sin ganar un duro. Lo importante es salir adelante”. Uribe afirmou, ademais, que non lle importaría rodar unha película en Lugo. O encontrou contou tamén coa representante de ANADE en Lugo, Ángeles Mayra, quen tamén participou na xestión para que o cineasta estivese hoxe na Deputación. Traxectoria de Uribe Imanol Uribe recibiu numerosos premios entre eles a Concha de Oro en San Sebastián por “Días Contados” e varios premios Goya por este mesmo filme e “El Rey Pasmado”. Na súa filmografía reflicte a realidade socio-política do País Vasco en títulos como “El Proceso Burgos”, “La Fuga de Segovia” ou “La Muerte de Mikel”. “La Carta Esférica”, adaptación cinematográfica da novela homónima de Arturo Pérez Reverte, é a súa última obra, baseada nun ritmo de narración propio do cine clásico de aventuras. Durante a visita a Lugo, o director participará na gravación dunha entrevista realizada por membros da Fundación Anade, que forma parte dun proxecto de colaboración coa Fundación TIC, e que permite desenvolver unha serie de actividades de carácter educativo e formativo destinadas a facilitar a integración e participación deste colectivo, a través da interpretación en teatro, cine e televisión. A entrevista gravarase no Centro de Produción de Programas da Fundación TIC e no equipo técnico participarán os alumnos dos Cursos de Realización e de Produción da Escola de Imaxe e Son de Lugo.