Deputación de Lugo

O Deputado de Gandeiría explica en Friol as liñas da Deputación para impulsar o sector agrogandeiro

José María Arias participou na Xornada Técnica do Queixo Artesán, promovida pola Oficina Comarcal Agraria

O Deputado de Gandeiría, José María Arias, participou este mércores na Xornada Técnica do Queixo Artesán, promovida por la Oficina Comarcal Agraria de la Consellería de Medio Rural, na que explicou as principais liñas de actuación que impulsa a Deputación para apoiar o sector agrogandeiro. Durante o encontro, Arias destacou o peso que ten o sector lácteo en Lugo, xa que das aproximadamente 14.000 explotacións de leite que hai en Galicia, 6.000 están en Lugo; e, dos dous millóns duascentas oitenta mil toneladas de cota láctea que lle corresponden a Galicia, preto do 50% prodúcese aquí. “Á marxe das medidas que terá que poñer urxentemente enriba da mesa a Xunta de Galicia, que é a quen lle corresponde agora actuar, nós continuaremos impulsando o sector agrogandeiro porque o noso Presidente sempre defende que a vaca é o ladrillo de Lugo, e que a vaca é para esta provincia o que Citroen é para Vigo”. Neste senso, sinalou que un dos proxectos máis ambiciosos levados a cabo nos últimos anos no campo galego é o Centro de Recría que a Deputación construirá na Granxa Gayoso Castro. “Trátase dunha actuación moi demandada na provincia, pero xa é unha realidade porque no prazo dun mes teremos rematado o proxecto. A el destinamos 5 millóns de euros e ninguén mellor que os produtores de leite saben da importancia desta iniciativa, xa que moitos gandeiros teñen que ir a Zaragoza para a recría de novillas, cun gasto aproximado de entre 70 e 80 euros mensuais por cabeza, o que supón un custe de 1.300 euros ó ano. O responsable de Gandeiría, que estivo acompañado do coordinador da xornada e inspector veterinario do Servizo de Sanidade Animal de Friol, Pedro Martín Miguela, subliñou que, dentro do programa Lug02 para o que a Deputación acadou o respaldo da Unión Europea, existen liñas específicas destinadas a axudar ós gandeiros a facer máis rendibles os residuos que xeneran nas explotacións e á mellora da comercialización de produtos autóctonos como o queixo de Friol. Esta última actuación inclúe axudas de apoio ás cooperativas de agricultura ecolóxica e asesoramento ás empresas para sacar o máximo rendemento ó produto final. “Baixo a marca Lugo Sabe, formada por produtos autóctonos das Reservas e do Courel, queremos promocionar o intercambio comercial e difundir a variedade de produtos que, moitas veces, son descoñecidos pola propia poboación pola ausencia de difusión pero que sosteñen as economías de moitos autónomos e empresarios”. Programa da Xornada No transcurso da xornada, distintos especialistas abordaron a situación do sector lácteo en Galicia e o seu contexto nacional e europeo. Asimesmo, realizouse unha análise da crise que sufre o sector e un estudo das perspectivas futuras do mesmo. O expertos tamén puxeron enriba da mesa cuestións como a mellora dos medios de producción e a situación que ocupa o queixo de Friol dentro da Denominación Xeográfica de Orixe Arzúa-Ulloa. Ademais, o director do proxecto Lug02 da Deputación, José Rodríguez Coello, abordou aspectos relacionados coa promoción e comercialización do produto artesanal.