Deputación de Lugo

A Xunta de Goberbo aproba obras de mellora viaria por 532.000 euros

A colaboración cos Concellos é obxectivo prioritario para o actual equipo de goberno da Deputación

O voceiro do grupo provincial do PSOE, Antonio Gato Soengas, asegurou este venres que a cooperación cos Concellos é prioritaria para o actual equipo de goberno. O voceiro socialista dixo que as visitas do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, ós alcaldes da provincia encándranse dentro deste obxectivo. Gato Soengas asegurou que é “necesario manter unhas relacións de normalidade cos Concellos, e o Presidente está comezando unha nova andaina para coñecer as súas necesidades”. As liñas de traballo quedarán finalmente recollidas no Plan Estratéxico. Antonio Gato Soengas afirmou que esta cooperación pode reflectirse, por exemplo, no caso dos polígonos industriais: “A Deputación podería actuar de intermediario coa Consellería de Política Territorial ou mesmo asinar convenios de colaboración co goberno autonómico”, afirmou o voceiro socialista. Acordos Xunta de Goberno A Xunta de Goberno da Deputación celebrada esta mañá acordou destinar 523.000 euros a diversas obras de mellora da rede viaria provincial. Un dos puntos aprobados foi a contratación, por 170.000 euros, das obras de acondicionamento dun treito de 2,4 quilómetros da estrada provincial entre Vilalba-A Balsa e A Igrexa da Costa incluídas no POS. Na actualidade esta vía ten unha calzada asfaltada de 4 metros de ancho e curvas de reducida visibilidade que resultan insuficientes para as necesidades do tráfico da zona. O proxecto prevé ampliar a calzada a 6 metros e aumentar os radios das curvas. Ademais, terá dúas bandas de 20 centímetros para a sinalización e cunetas dun metro. A Xunta de Goberno tamén acordou destinar 80.000 euros á mellora do pavimento dun treito treito urbano da LU-213 no Concello de Taboada, así como adxudicar definitivamente as obras de conservación e reparación de vías dos Concellos de Sober, Patón, O Saviñao e Bóveda por valor de 273.000 euros.