Deputación de Lugo

A Deputación apoiará todas as medidas encamiñadas a favorecer a estabilidade laboral dos traballadores

Imaxe deputación de lugo
O Presidente provincial recibiu a varios membros do comité de empresa de Tragsega

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este venres ó presidente do comité de empresa de Tragsega, Emilio Pardo, da UXT, e outros membros deste sindicato presentes no órgano de representación dos traballadores, para coñecer o problema que padecen ós empregados desta empresa pública, que se adica ó saneamento gandeiro, e ós que non se lles renovou o contrato no mes de xaneiro. Gómez Besteiro fíxose eco das reivindicacións plantexadas e amosou o seu apoio a calquera tipo de medida encamiñada a favorecer a estabalidade laboral dos traballadores. O encontro tivo lugar a petición do secretario xeral da Federación de Servizos Públicos de UXT en Lugo, Eliseo Rivas, quen valorou a receptividade por parte do máximo responsable provincial. “Agradecemos a sensibilidade amosada polo Presidente da Deputación co problema que padecen os traballadores de Tragsega, que se traduce nunha falla de estabilidade laboral, así como o seu compromiso de trasladar nos ámbitos institucionais que considere oportuno esta situación”, dixo Rivas. Segundo o responsable de UXT “estamos esperando unha reunión cos responsables da Consellería de Medio Rural, pero descoñecemos os motivos polos que aínda non nos convocaron”. O presidente do comité de empresa, Emilio Pardo, que estivo acompañado polo secretario do comité, José Luis Fernández Iglesias, e a delegada sindical Rosa Otero, todos eles da sección sindical da UXT, trasladou ó Presidente provincial “os problemas que afectan ós empregados de Tragsega na provincia de Lugo, entre 50 e 60, a maioría deles veterinarios, que levan traballando desde 2002 nas campañas de saneamento. Criticamos desta empresa pública que esté fomenando a precariedade laboral. Hai xente que leva traballando cinco ou seis anos, e agora para non facelos indefinidos, están no paro e non os queren contratar ata o mes de maio”.