Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación asistirá á cerimonia de ordenación do novo bispo de Lugo

Imaxe deputación de lugo
A Fundación TIC dependente da institución provincial colabora na retransmisión da cerimonia

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, asistirá á cerimonia de ordenación episcopal do novo bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, que terá lugar mañá ás 12 do mediodía na Catedral. Tamén acudirán a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e varios deputados do grupo provincial socialista. Por outra banda, un equipo formado por profesionais e bolseiros da Fundación TIC, dependente do organismo provincial, prestará apoio técnico á retransmisión en directo da cerimonia de ordenación, que levará a cabo TeleLugo. Para a cobertura do acto, que se iniciará ás once da mañá, a Fundación TIC pon a disposición da canle de televisión local a súa unidade móbil con sete cámaras dixitais, unha delas nunha grúa con catorce metros de traveling, que se instalará na praza de Santa María para recoller a chegada da comitiva e o que acontece ó redor do Pazo Episcopal. O equipamento técnico completase cun equipo de son con catorce micros, sete deles inalámbricos, que facilitarán o seguimento da celebración xunto ás imaxes que se proxectarán en catorce pantallas ubicadas no interior e fóra da catedral. O persoal da Fundación TIC levou a cabo, ó longo desta semana, a instalación e probas do material audiovisual que inclúe radio-enlaces dixitais para garantir a calidade da mesma.