Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo colaborará coa Consellería de Medio Rural

O Delegado de Medio Rural interesouse pola utilización que terá o centro que a Deputación posue en Castro Riberas de Lea.

O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, comprometeu o apoio da institución provincial aos programas que a Consellería de Medio Rural impulse a través da aplicación do PDR galego. LUGO, 27 DE DECEMBRO. O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, mativo esta mañá unha xuntanza con Delegado en Lugo da Consellería de Medio Rural, Emilio López Pérez. Ambolos dóus representantes dos gobernos da Xunta e da Deputación mantiveron esta primeria toma de contacto. O vicepresidente primeiro Antón Bao sinalou que “é unha necesidade imperiosa que a Deputación colabore coas directrices marcadas dende o goberno da xunta de Galiza, aplicando políticas transversais para o desenrolo das zonas máis desfavorecidas de Lugo”. Con esta afirmación o vicepresidente primeiro, Antón Bao, sinalou a o compromiso existente na Deputación de Lugo á hora de apoiar proxectos desenvoltos polo goberno e os concellos galegos. Noutro orden de cousas o Delegado de Medio Rural presentoulle ao Vicepresidente Primeiro varias propostas para desenrolar nos centros agropecuarios e nas fincas que son propiedade da Deputación de Lugo. A este respecto o Delegado de Medio Rural manifestou que “non é admisible que unha provincia coa potencilidade agropecuaria que ten Lugo manteña baixo mínimos un centro como o que a Deputación posue en Castro”. FONDOS EUROPEOS E PDR O aproveitamento dos fondos procendentes de europa para o plan Leader e o desenvolvemento do PDR galego nas comarcas de Lugo centraron unha parte da xuntanza na que o vicepresidente primeiro, Antón Bao, deixou clara a posición de apoio do goberno da Deputación áos proxectos impulsados dende a Consellería do Medio Rural.