Deputación de Lugo

Gómez Besteiro visitou obras que a Deputación acomete en Guitiriz e que suman preto de 1,5 millóns de euros

O Presidente da Deputación anunciou que porá en marcha experiencias piloto neste Concello a través do proxecto europeo Lug02 que logo serán extrapoladas ó resto da provincia

O organismo provincial remata en tempo récord os traballos de afirmado do treito urbano da estrada provincial que vai de Parga a Friol, e continúa co ensanche do tramo restante O Presidente e a Alcaldesa de Guitiriz analizaron futuros compromisos da institución provincial neste municipio O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, desprazouse este mércores a Guitiriz donde visitou distintas obras que o organismo provincial está a levar a cabo neste Concello e que suman preto de 1,5 millóns de euros. Ademais, Gómez Besteiro, acompañado pola rexedora municipal, Regina Polín, anunciou que a institución provincial levará a cabo investimentos cuantiosos e experiencias piloto neste Concello a través do proxecto europeo Lug02, que logo serán extrapoladas ó resto da provincia. O máximo mandatario provincial subliñou que “Guitiriz é un Concello que soubo atopar o valor da diferenza polas súas augas e o medio ambiente. Eso é un traballo que se debe a Regina Polín e que outros municipios non souberon facer. Este Concello vai ser un centro de referencia no proxecto ilusionante que une a toda a provincia, o Lug02, que vai traer moita xente a Guitiriz e vai potenciar a súa economía”. Obra pública Gómez Besteiro sinalou que xa está rematado o afirmado do treito da CP 2101 que vai de Friol a Parga ó seu paso polo casco urbano e estase a proceder ó e do resto da estrada. Esta obra inclúese dentro do POS 2008 Complementario. En total son 5 quilómetros, desde o punto quilométrico 14 ó 18,940 que contan cun presuposto de 450.000 euros. A Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, trasladoulle ó máximo mandatario provincial a necesidade de urbanizar un treito de 270 metros da estrada provincial CP 2301 que vai de Guitiriz ós Vilares, ó seu paso polo casco urbano. O proxecto incluiría o acondicionamento de dous ramais: - peonalización do treito, de 85 metros de lonxitude e 5 de ancho, que da acceso á calzada que comunica por un lado coa N-VI e, por outro, coa estrada que enlaza coa A-6. - acondicionamento, aglomerado en quente e construción de beirarrúas de 1,50 metros en cada marxe da calzada que comunica por un lado coa N-VI e, por outro, coa estrada que enlaza coa A-6. Este treito ten unha lonxitude de 185 metros. O proxecto tamén incluiría a subministración de todos os servizos: abastecemento de auga, saneamento, alumeado público, instalación de liñas de baixa tensión e telecomunicacións. Outros investimentos neste Concello A través da creación voluntaria do Fondo Extraordinario da Deputación, dotado con 1,5 millón de euros, e complementario do Fondo Estatal de Investimento Local, ó municipio de Guitiriz correpondéronlle 42.293 euros. Nestes momentos, dos 7 proxectos autorizados e subvencionados co 4% polo organismo provincial, 2 xa están adxudicados provisionalmente: mellora do camiño en Pígara e mellora do alumeado e aforro enerxético de Parga. Gómez Besteiro tamén asinou o convenio de roza coa Alcaldesa do Concello guitiricense, Regina Polín. Este municipio acometerá, por primeira vez, a xestión de 42,917 quilómetros de estradas provinciais, o que supón un custe para a Deputación de 7.583 euros. A través do Plan de Comunidades Veciñais, e co que a Deputación financia obras de interese comunitario, Guitiriz recibiu 37.725 euros. Dentro do Plan de mantemento da rede viaria provincial Guitiriz atópase cos Concellos de Muras, Xermade, Vilalba e Begonte na zona 5. O mantemento dos 319,977 quilómetros da rede viaria provincial destes municipios ascende a 800.632 euros. Felicitacións polo SICTED O Presidente da Deputación aproveitou a ocasión para visitar o mercado de Guitiriz e para felicitar personalmente ós propietarios dos 14 establecementos que contan co Sistema Integral de Calidade en Destinos (SICTED), a quen lles explicou o Programa de Apoio ó Tecido Empresarial impulsado polo INLUDES en 2008, e que se repetirá este ano en vista da boa acollida que tivo. Este sistema está integrado pola Secretaría Xeral de Turismo e promovido pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Está dirixido a empresas que ofrezan servizos turísticos, como poden ser os bares, restaurantes, hoteis, etc. O Concello de Guitiriz xunto co de Lugo son os únicos de toda a provincia que participan na implantación do mesmo. Este certificado inclúe formación para os empresarios, o que favorece o desenvolvemento do seu traballo. Ademais, outórgalles o distintivo de calidade, de tal xeito que o seu establecemento aparece nas webs TurGalicia ou Turespaña. Grazas a esta publicidade garantízaselles un bo servizo e unha boa atención ós turistas.